Volve o ‘Muxía Cultura Outonal’ cargado de actividades e dun amplo programa 

1 minutes read

Muxía presentou, a través da concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, o ‘Muxía Cultura Outonal’ que volve un ano máis á vila da Barca cargado de actividades e actuacións.

A Sala do Voluntariado de Muxía será o recinto que acollerá este compendio de actividades que darán comezo o vindeiro 14 de outubro e rematarán o 25 de novembro. Ademais, a rapazada poderá gozar dos obradoiros ‘Halloween na Biblioteca’ que terá lugar o sábado, 28 de outubro, na propia biblioteca municipal.

As funcións destinadas para público familiar se levarán a cabo ás 18.00 horas e serán de balde. Namentres, as destinadas a público adulto celebraranse ás 20.00 horas. Todas as funcións se celebrarán na Sala do Voluntariado.

As actividades de público familiar será de balde e as de público adulto terán un custo de 1 euro. As entradas poderanse recoller durante a semana previa na biblioteca municipal ou media hora antes de espectáculo.

Tras a presentación, Benlloch puxo en valor que “esta programación cultural outonal ofrece a toda a veciñanza unha oportunidade de gozar dun compendio variado de actividades e pasar un rato agradable en familia”.

Programación completa

14 OUTUBRO

POLO CORREO DO VENTO “ Periplo Atlántico, unha homenaxe a Castelao”

Público familiar

18:00h Salón do Voluntariado.

21 OUTUBRO

MALASOMBRA “De algo hai que morrer”.

Público Adulto

20:00h Salón do Voluntariado.

28 OUTUBRO

HALLOWEN NA BIBLIOTECA. Obradoiros para a rapazada.

A partir das 17:00h

29 OUTUBRO

ISEO A MOURA “De cea cos defuntos”.

Publico Familiar

18:00h Salón do Voluntariado

4 NOVEMBRO

TRÉCOLA “Teatro de guiñol”

Público Familiar

18:00h Salón Voluntariado

11 NOVEMBRO

“O MAGOSTO DAS ABALADEIRAS”

18 NOVEMBRO

TALÍA TEATRO “Unha inimiga no pobo”.

Público Adulto

20:00h Salón Voluntariado

25 NOVEMBRO

AMORODIO “A Nai”.

Público Adulto

20:00h Salón Voluntariado