Volve o Roteiro de Autocaravanas Yakart coa participación de 52 vehículos e 120 persoas

O Roteiro de Autocaravanas Yakart chega á súa quinta edición coa participación de 52 vehículos e 120 persoas na experiencia, que partirá o luns 8 de xullo da Coruña e terminará o 14 de xullo en Santiago, tras percorrer as catro provincias galegas e un total de seis concellos, con paradas en Viveiro, Lugo, Cartelle e Cambados. A expedición, que conta co patrocinio de Concorde, presentouse este xoves nun almorzo informativo no Real Club Náutico da Coruña, no que estiveron presentes Antonio Jul, presidente do Caravaning Club Yakart, e Sindo López, tesoureiro da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA).

En total, serán 632 quilómetros que permitirán aos participantes percorrer as catro provincias galegas e facer turismo dunha maneira diferente. O presidente do Caravaning Club Yakart, Antonio Jul, asegura que «o obxectivo é atraer xente a Galicia e potenciar este tipo de turismo». Jul destaca o éxito que cultiva cada edición do roteiro, que permite aos autocaravanistas coñecer Galicia dunha maneira diferente e acompañados doutras persoas que comparten a súa afección por esta forma de viaxar. «Veñen autocaravanas desde Barcelona, Alacante, Madrid, Andalucía –explica–, de Galicia só temos unha pero a idea é precisamente esa, que veña xente de fóra para coñecer esta terra».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha