Volve o Torneo Alevín F11 Conservas Calvo

1 minutes read

O Torneo F11 Alevín Conservas Calvo volve nesta temporada 21/22 logo de dous anos sen poder disputarse pola situación sanitaria derivada da Covid-19.
O campionato, que este ano chega á súa duodécima edición, é a liga alevín de fútbol 11 galega non oficial, pero que está avalada pola Real Federación Galega de Fútbol. Como se viña realizando ata o de agora, no Torneo F11 Alevín Conservas Calvo participan, por invitación, as mellores canteiras do fútbol da Comunidade Autónoma de Galicia. A competición dividirase en dous grupos, Norte Galicia e Sur Galicia, e xogarase a unha única volta. Tanto os rivais como o campo no que se disputarán os encontros farase por sorteo.
Ao igual que nas once anteriores edicións, a fase final do Torneo F11 Alevín Conservas Calvo levarase a cabo en Carballo no Campo Municipal de As Eiroas.

O vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Juan Villamisar, a portvoz da directiva Silvia Cancela e o delegado de Coruña Manuel Corredoira estiveron presentes no acto de presentación, xunto ao presidente do Bergantiños Chano Calvo e o responsable do fútbol base Jesús Capelán.