Volve o Verán Cultural a Carballo cun novo formato adaptado á crise sanitaria

1 minutes read

O Verán Cultural é unha proposta da Concellaría de Cultura de Carballo cunha longa traxectoria de máis de 20 anos. Tras a suspensión de actividades culturais presenciais derivada da COVID-19 e despois da realización doutros programa como o das Letras cun novo formato de cultura dixital, a través da Rede, e no que, entre outras propostas, estréase un novo espectáculo da compañía de Carballo Galeatro, preparado para a ocasión, preséntase a primeira programación cultural presencial do Concello. A proposta que se presenta este ano mantén o espírito e obxectivos do Verán Cultural de anteriores edicións, de presentar unha oferta cultural diversa de calidade, atractiva para desfrutar das noites de verán, centrada na música pero coa presencia doutras disciplinas como as artes escénicas e a consideración de públicos de todas as idades, comprometida co sector cultural galego, con presencia de formacións carballesas, con carácter gratuíto,.. pero cun formato adaptado á situación que estamos vivindo na que é preciso actuar con prudencia e responsabilidade, pero tamén con compromiso co sector cultural e cos cidadáns.