Volve por segunda xornada consecutiva a Liga EBA a Carballo da man do Calvo Basket Xiria

1 minutes read

Basket Xiria de Héctor Méndez, salvo imprevisto, contará con todos os seus xogadores este sábado, para xogar o seu segundo partido coma local. Será contra o Universidad de Oviedo, un equipo ascendido nesta tempada, que ata certo punto é unha incógnita, a pesar de que leva os dous partidos disputados perdidos.
Tras a vitoria da semana pasada e coa gran remontada final do Calvo Basket Xiria, a pesar de non facer un bo xogo colectivo, está moi ilusionado, con gañas e concentrado nos adestramentos, sabendo que neste mes queda por xogar contra tres rivais directos na loita pola permanencia na Liga EBA, xa disputado o encontro pasado contra Bosco Salesianos.
Os reforzos do equipo están encontrando o seu oco, pouco a pouco no plantel, xa que ás catro fichaxes, súmanse ás 8 renovacións que o Calvo Basket Xiria levou a cabo nesta tempada, dando unha liña continuísta oa traballo de tempadas pasadas dende o Club, onde todos agardan este sábado poder lograr unha nova vitoria, que faga afrontar este importante mes, de inicio de tempada, con confianza e mellorar do seu xogo colectivo, coma tempadas anteriores. Que foi o que lles fixo estar presentes na Liga EBA, logo dun descendo e ascenso seguido, para volver a unha competición de ámbito nacional.