Volven arder contedores en Carballo e Muxía

1 minutes read
Contedores queimados en Muxía_AVPC Muxía.

A fin de semana volveu a cobrarse parte do valor do patrimonio público en Carballo e Muxía, en concreto arderon varios contedores de lixo, posiblemente dun modo intencionado. En Carballo, os Bombeiros tiveron que acudir a sufocar un lume na zona de Correos, no San Martiño, varios veciños viron como unha persoa escorrentábase do lugar apresuradamente cando o contedor empezaba a arder. Doutra banda, o 112 Emerxencias Galicia tamén alertou a Protección Civil polo incendio en dous contedores de lixo situados na rúa Enfesto, en Muxía. A rápida intervención dos efectivos locais evitou que as chamas se propagasen a un vehículo próximo. Finalizadas as tarefas de extinción deuse constancia dos feitos á Garda Civil e á Policía Local.