Volven as noites de cine de verán a Camariñas

1 minutes read
  • Comezarán o 8 xullo no paseo fluvial da Ponte do Porto coa proxección de ‘A casa da luz’.

O Concello de Camariñas programa para este verán sesións de cine ao aire libre por todas as parroquias. Esta iniciativa arrincará o venres 8 de xullo no paseo fluvial da Ponte do Ponte coa película ‘A casa da luz’. Se chove será no centro cultural.

As proxeccións comezarán a partir das 22 horas. As pantallas instalaranse no exterior en diferentes lugares, pero se as condicións meteorolóxicas non acompañan trasladaranse a espazos cubertos. Todos os asistentes recibirán flocos de millo gratuítos.

Calendario das películas que se poderán ver:
‘Nocturna, unha aventura máxica’. Venres 22 de xullo. Praza da Igrexa de Xaviña (se chove será no centro cultural).
• ‘Maimiño e o espello máxico’. Sábado 23 de xullo. Santa Mariña.
‘Los Croods 2: una nueva era’. Venres 29 de xullo. Praza da Igrexa de Camelle (Casa do Alemán).
‘Padre no hay más que uno 2’. Venres 5 de agosto. Praza do Mercado de Camariñas (Casa de Pedra).
‘Onward’. Venres 19 de agosto. Praza da Igrexa de Camariñas (Casa de Pedra). Camariñas.
‘Trolls 2: gira mundial’. Venres 26 de agosto. Praza da praia de Arou (centro da Estivada).