Marcha atrás no control da pandemia en diferentes puntos de Europa e volven as restricións aos países máis afectados polo avance da variante Delta, predominante por exemplo en Portugal. Case a metade dos seus 10 millóns de habitantes dos 45 municipios con maior incidencia, entre eles Lisboa, O Porto ou Braga, volven vivir baixo o toque de queda nocturno. Aplícase entre as 23:00 e as 5:00 horas, cando o país alcanza unha incidencia acumulada de 200 casos por 100.000 habitantes a 14 días.
Mentres, en Dinamarca, as autoridades sitúan no 29 de agosto a data para que todos os cidadáns que o desexen estean vacinados, tras abrir a inmunización á franxa de idade entre os 12 e os 15 anos. Logo será a quenda dos máis pequenos a pesar das reservas dos pediatras porque os estudos sobre os efectos das vacúas nos nenos son aínda escasos.
Rusia rexistrou outros 697 falecidos por coronavirus nas últimas 24 horas, na quinta xornada consecutiva notificando un récord de mortos nun día. Con todo, as autoridades non prevén medidas de confinamento, polo menos polo momento.