A Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá o 25 de novembro e o 9 de decembro, a representación dos contacontos “O Cole de Lonxe de Todo” e “ Rato Canguro”, da compañía Trinke Trinke. Unha actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, con aforo limitado e entrada de balde, para a que é preciso reservar praza chamando ao teléfono 659 431 242.
Trinketrinke fai animación á lectura dende o teatro. Os conductores das actividades para nenos de 3 a 8 anos, son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade. Promover a lectura e estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos, son os seus obxectivos.
Dende 1992, moitas escolas e bibliotecas de Galicia, reciben periódicamente a visita dos ratos de Biblioteca, aínda que a 1ª aparición destes curiosos personaxes produciuse no marco do V Salón do Libro Infantil e Xuvenil da Coruña, en 1991. David Pernas Lázaro desempeña dende aquela o papel de “Rato da Biblioteca” formando parte ao inicio do Colectivo Xirandola, Compañía Catacrok e finalmente da Compañía do Trinketrinke, a cal dirixe.