No 2026 volverán os cursos de poda, unha actividade con moita demanda que se leva a cabo aproveitando a época idónea para poñer a punto as plantacións domésticas. Por quinto ano consecutivo, o Concello de Carballo e o centro especial de emprego Dixardín colaboran para seguir fomentando esta actividade.
O principal obxectivo é implicar á veciñanza na conservación dos espazos públicos a través dunha serie de iniciativas orientadas a fomentar o coñecemento da riqueza de flora, poñer en valor os recursos naturais do territorio e fomentar o respecto polas zonas verdes como bens comunitarios.
Para intentar chegar a todos os recunchos do territorio municipal, os cursos son itinerantes. Nas primeiras edicións celebráronse en Oza, Sofán e Carballo co seguinte calendario:
7 de febreiro: Oza
14 de febreiro: Sofán
21 de febreiro: Carballo
Máis info en carballo.gal