Volven os sábados de baile para maiores ao Centro Sociocultural de Zas

1 minutes read

Despois do descanso do verán, este sábado volven ao Centro Sociocultural de Zas as ansiadas tardes-noites de baile para maiores con música en directo. Como novidade, este ano hai un pequeno cambio no horario e as sesións comezarán as 20:00 horas.

Estas son as actuacións previstas para este mes de outubro:

  • 14 de outubro: dúo Charada
  • 21 de outubro: dúo Blanca Doble
  • 28 de outubro: trío Digital

“Estas sesións de baile para mariores forman parte do programa de actividades específico para as persoas maiores no que se inclúen propostas que ano tras ano teñen moi boa acollida como son a ximnasia de mantemento, os talleres de memoria e os cursos de manexo de teléfonos móbiles” sinalaba o Alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?