Volven roubar nos postos do mercado municipal de Carballo

1 minutes read

A madrugada de raios e temporal vivida este mércores non amedrentou aos amigos do alleo, que volveron a actuar no mercado municipal de Carballo. Os cacos poida que quedasen dentro das instalacións tras o peche nocturno e acto seguido actuaron ás súas anchas polos diferentes postos de venda e tamén na cafetería adxunta ao edificio. Á espera dunha valoración oficial, o botín podería ascender a varios centos de euros en metálico e máis doutros tantos en danos nos diferentes postos e nas instalacións comúns. O mercado conta con cámaras de seguridade, pero nestes casos bótase de menos unha alarma conectada, o posto da Policía está a menos de 50 metros.