Volveu a temporalidade ao servizo que presta o parque de bombeiros de Cee

1 minutes read

A indisposición dun operario que volvía dunha emerxencia este luns, provocou que non se puidese cubrir a súa ausencia, mandando os restantes membros (2) para o parque Santa Comba. Dende o colectivo informaron que despois de recibir e asistir avisos de 4 accidentes con feridos nas estradas da zona e tendo varios avisos de velutinas por retirar en domicilios particulares, teñen que informar que novamente suspéndese o servizo no parque de bombeiros da Costa da Morte. Debido a esta nova incidencia, que se repite en menos de 15 días, piden precaución na zona nas vindeiras horas, pois os cidadáns non estarán cubertos de forma eficaz en caso dunha emerxencia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?