Von der Leyen abandona o cume de líderes da UE por contacto cun positivo


A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, abandonou este xoves o cume de líderes da UE tras coñecer que un membro do seu equipo dera positivo en COVID-19. Así o explicou a propia líder da Unión Europea nun tweet no que aseguraba dar negativo nun test, pero que, por precaución, abandonaba instantaneamente o edificio para autoaislarse. É a segunda vez que Von der Leyen ten que poñerse en corentena ao detectarse un positivo preto. O pasado 5 de outubro xa tivo que facelo. Á ausencia da presidenta, súmase a do alto representante Josep Borell, illado tras estar en contacto cun caso de COVID-19 na delegación que lle acompañou a Etiopía e a do presidente dos populares Manfred Weber.