Von der Leyen pide «sancións estendidas» para Bielorrusia

1 minutes read

«Bielorrusia debe parar de poñer en risco a vida de persoas», pediu a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, tras o último episodio vivido este luns. A situación na fronteira da Unión Europea con Bielorrusia complícase. Máis de 500 persoas congregáronse na fronteira polaca mentres eran escoltados por funcionarios armados bielorrusos. Por iso von der Leyen pediu aos Estados membros que aproben «sancións estendidas» para as autoridades bielorrusas » resposables deste ataque híbrido». Pero tamén abre a porta para sancionar a «aerolíneas de terceiros países que sexan activas no tráfico de persoas». O problema fai que aumenten as demandas para que Bruxelas financie valos fronteirizos destinados a parar as entradas de migrantes ilegais.