Vox publicou este sábado un manifesto titulado «Non fales no meu nome» co motivo do Día da Muller, un día, que ao seu xuízo, está «pensado por e para a extrema esquerda». A formación destacou que non lle representa «unha ministra como Irene Montero», «nin a totalitaria Carmen Calvo». Con este manifesto Vox quere celebrar o legado de españolas como Clara Campoamor, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán, que ensinaron que as competencias e capacidades «non dependen» do xénero.