VOX A Coruña mostrou o seu total compromiso e apoio á pesca artesanal galega, tras manter unha reunión co Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Corcubión, Urbano Suárez, o ex-patrón maior, José Domínguez Buiturón e outros membros da confraría. “Os pescadores galegos só queren traballar, pero as burocracias de Bruxelas e Galicia, xunto co aumento desbocado do prezo do combustible, está a condenarlles á inactividade e a ruína”, afirmou en vicepresidente de VOX A Coruña, Juan Garcilaso de la Vega.
Neste sentido, o dirixente provincial lembrou que VOX foi o único partido que se opuxo ao novo Regulamento de Pesca da UE no Parlamento Europeo, precisamente polo aumento de burocracia que conleva, especialmente para as embarcacións de pesca artesanal. E é que, o novo regulamento, “supón ‘un verdadeiro atentado’ contra as embarcacións da pesca de baixura”, polo que “hai que seguir loitando en defensa deste sector, fronte ao inmobilismo doutros partidos”, denunciou Juan Garcilaso.
Así, o vicepresidente provincial, solicitou que se eliminen trabas administrativas desde todas as administracións, e que se facilite a atención dos profesionais do mar no seu propio porto, especialmente no referido ao Instituto Social da Mariña, evitando así innecesarios e custosos desprazamentos. Tamén se tratou na reunión a necesidade de mellorar as instalacións portuarias de Corcubión e a construción dun dique de abrigo que permita traballar e amarrar as embarcacións en condicións de seguridade e que lle da este porto a posibilidade de seguir desenvolvéndose.
“Desde VOX A Coruña tamén pedimos que se finalicen o máis axiña posible as obras de saneamento da ría, para evitar que os mariscadores non poidan traballar por culpa das verteduras” sinalou Juan Garcilaso. Por todo iso, na reunión, os representantes de VOX A Coruña, entre os que tamén se atopaban os coordinadores locais de zona, Manuel Fuentes Lamas e Roberto Mouro, así como o secretario provincial, Luís González, comprometéronse a seguir traballando desde o partido, para defender a pesca artesanal galega e unhas reivindicacións “xustas, proporcionadas e necesarias”.