VOX A Coruña rende homenaxe ás victimas do terrorismo


VOX A Coruña celebrou este luns, fronte ao monumento da artista coruñesa, Julia Ares, un acto en recordo ás vítimas do atentado terrorista perpetrado en Madrid no ano 2004, e tamén en memoria do galego Miguel Ángel Blanco, asasinado a mans de ETA no ano 1997. Alí, o presidente provincial de VOX A Coruña, Miguel Ángel Fernández, asegurou que VOX se sente moi identificado coas vítimas. Por ese motivo, “sempre estivemos e seguiremos estando ao seu lado”, asegurou. Ao acto tamén asistiron membros do Comité executivo provincial, afiliados e simpatizantes da formación política.