Vox, a favor de legalizar o uso de armas para defensa persoal


O líder do partido, Santiago Abascal, propón un cambio urxente e radical na lei de armas, para que calquera español sen antecedentes e en plenas facultades mentais, poida ter unha arma na casa, e usala na súa defensa personal.

Nunha entrevista publicada na web armas.es Abascal manifestou que hai que ampliar o concepto de lexítima defensa, e que a xustiza trata ós delincuentes coma vítimas, e ós cidadáns honrados coma delincuentes.

Tampouco descarta que se poida legalizar o uso de armas non letais coma o spray de pementa, aínda que segundo manifestou, ten que falar cos expertos, e coa xente da rúa. Ademais, tamén recoñeceu que ten licenza de armas do tipo B, é dicir, pode levar consigo revólveres ou pistolas.

Entre as críticas, o PSOE e o PP rexeitan completamente esta idea.