O coordinador de VOX Oleiros, Óscar Rodríguez Piñeiro, instou ao Pleno municipal do Concello oleirense a que tome medidas para evitar que os veciños de Montrove e Liáns se vexan afectados tras a ampliación do Aeroporto de Alvedro. Para iso, o coordinador de VOX presentou, a través do rexistro do Consistorio de Oleiros, unha batería de preguntas co obxecto de que se debatan en sesión plenaria antes de que se acometan as obras de ampliación.
Ditas obras, sinalou Rodríguez, “terán un impacto moi significativo na ordenación urbanística e territorial”, porque, explica, “condicionarán as cualificacións urbanísticas, o uso do chan e o réxime das edificacións”. Por iso, o coordinador de VOX solicitou á corporación municipal que debata posibles actuacións en defensa dos intereses urbanísticos, de contaminación acústica e de saúde auditiva dos veciños de Oleiros.
“Ao redor do 55% do chan cualificado que queda dentro desta servidume acústica é de uso residencial”, indicou Rodríguez, quen tamén lle reprochou ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane que se manifeste publicamente dicindo que “se trata dun problema serio para moita xente” e, con todo, “quede de brazos cruzados”.
Así, o coordinador lembrou que está situación produciuse despois de que o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (MITMA) aprobase a modificación do Plan Director do Aeroporto da Coruña, mediante unha Orde Ministerial que se publicou o 17 de outubro no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Finalmente, desde VOX advertiron de que, coa ampliación do aeroporto, as zonas de Pazo do Río en Montrove e Liáns, e a zona residencial en O Graxal tamén se verán afectadas pola pegada sonora dos avións. A nivel comarcal, dita pegada quedará por encima de 4.792 vivendas, das cales 2.916 non están dentro do plan de illamento acústico actualmente vixente, pois a delimitación que propón agora Aena é máis ampla. En definitiva, estímase que un total de 9.977 persoas se verán afectadas.