VOX advirte dos pactos ao PP tras non apoiarlle na moción de censura

O líder de Vox, Santiago Abascal

Os deputados de VOX en Andalucía suspenderon a xuntanza prevista para este xoves á tarde co conselleiro de Facenda da Junta para pactar os presupostos da comunidade. Alejandro Hernández, voceiro de VOX no parlamento de Andalucía, dixo que “estamos nun novo escenario no que se quebrou a confianza mutua e a cordialidade que viña rexendo as nosas relacións e, desde logo, isto lévanos a un novo tempo nas nosas relacións co Partido Popular”. Disconformidade tamén nos de Santiago Abascal en Murcia e Madrid.