Vox anuncia unha moción de censura contra Pedro Sánchez

1 minutes read
  • O PP desmarcouse desta proposta, alegando que non colaborarán en «manobras de distracción que reforcen ao PSOE»

O presidente de VOX, Santiago Abascal, anunciou durante a súa intervención no Pleno deste mércores unha moción de censura contra Pedro Sánchez que presentará o seu grupo o próximo mes de setembro. “A esta moción convidamos e chamamos a todos os deputados de todos os partidos que crean que aínda estamos a tempo de evitar que España caia na ruína, a morte e a opresión», sinalou Santiago Abascal.

A resposta do PP non se fixo esperar. «Non conten connosco para manobras de distracción que reforcen ao PSOE», sinala na súa conta de Twitter o Secretario Xeral do partido, Teodoro García Egea.

A moción de censura debe ser proposta, polo menos, pola décima parte dos Deputados en escrito motivado dirixido á Mesa do Congreso.

Durante o seu discurso no pleno, Abascal repasou a traxectoria do Goberno Sánchez e acusouno da “peor xestión do mundo fronte á epidemia chegada da China comunista”.