VOX asistiu en Corcubión á romaría e procesión da Virxe do Carme

1 minutes read

Unha delegación de VOX, encabezada polo deputado nacional, José María Sánchez, e o coordinador comarcal, Manuel Fuentes, asistiu este sábado á tradicional romaría e procesión mariñeira que cada ano se celebra na localidade, en ofrenda á Virxe do Carme. Así, convidados pola Confraría de Pescadores de Corcubión, o parlamentario aproveitou a súa estancia na vila mariñeira para coñecer de primeira man as preocupacións dos mariñeiros galegos.

Tras o encontro, José María Sánchez, sinalou que “desde VOX imos facer todo o posible para que a xente do mar poida seguir vivindo do seu traballo, para que haxa futuro nos pobos mariñeiros de Galicia, e para que se sigan mantendo vivas estas tradicións, que son parte esencial da identidade galega e española”. “Coa nosa presenza nesta romaría, queremos axudar a visibilizar os problemas dos pescadores e os mariscadores, derivados de decisións políticas guiadas polo descoñecemento da súa actividade e o sectarismo ideolóxico”, concluíu.