Vox celebrará o 27 de xaneiro a súa Asemblea Nacional para renovar a cúpula do partido

Así o anunciou en rolda de prensa o propio presidente da formación, Santiago Abascal, que reuniu na sede da rúa Bambú ao Comité Executivo Nacional e que confirmou a súa intención de presentarse á reelección para o próximos catro anos, aos que chega mermado polos resultados das eleccións xerais de xullo. Abascal explicou que pide adiantar a reunión «consciente da gravidade» da situación en España e para liderar a Vox «neste ano tan difícil». Considerou «absolutamente imprescindible» que todos os simpatizantes de Vox cheguen a un estado de «consciencia colectiva» sobre este «momento crítico» e sexan capaces de conxurarse para estar á altura do «desafío ao que España se enfronta», concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha