VOX Coruña homenaxea en Malpica a José Antonio Pardines, a primeira vítima mortal de ETA

Homenaje 2021_Archivo.

Un grupo de afiliados de VOX A Coruña, acompañados polo Presidente Provincial Miguel Ángel Fernández e o Vicepresidente Juan Garcilaso de la Vega, renderon homenaxe á memoria do Garda Civil José Antonio Pardines Arcay, primeira vítima mortal de ETA, coincidindo co 53º aniversario do seu asasinato.

A homenaxe foi organizado por membros do equipo de VOX na comarca de Bergantiños e tivo lugar fronte ao monólito erixido xunto ao Concello de Malpica, poboación natal de J.A. Pardines, que contaba con apenas 25 anos cando o seu asasino lle disparou por detrás. Na súa intervención, Miguel Ángel Fernández destacou que “son moitos os motivos para lembrar este atentado” que foi “o primeiro asasinato dunha banda vil e covarde”. Fernández lembrou igualmente a Félix de Diego Martínez, o Garda Civil que acompañaba ese día a José Antonio Pardines e que tamén foi asasinado en 1979 “cando se atopaba prostrado nunha cadeira de rodas e afectado dunha enfermidade terminal”, así como a Fermín Garcés Hualde, camioneiro que se enfrontou aos asasinos e a “quen se lle ofreceu un camión como recompensa ao seu valor e o que pediu foi ser Garda Civil”, explicou.

No acto interveu tamén Javier Ferreiro, coordinador local de VOX en Malpica, que propuxo que “todos os anos, ben sexa o Concello, a Deputación ou a Xunta de Galicia, se fagan cargo de lembrar a este veciño de Malpica” e destacou que se ningunha institución se compromete a iso, será VOX quen faga o posible por manter viva a súa memoria. “Pardines non estará só”, resolveu Ferreiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha