VOX cualifica de ‘irracional e inxusta’ a decisión da Xunta de negar a Muxía o grao de FP dual


O coordinador de VOX na zona de Corcubión, Roberto Mouro Costa, criticou duramente a decisión “irracional e inxusta” da Xunta de Galicia de privar ao Instituto de Muxía do grao de Formación Profesional (FP) Dual de Servizos de Restauración, o que supón un duro golpe para o sector hostaleiro, porque xa se comprometeu a colaborar activamente cos cursos de formación.

Mouro Costa asegurou que “todo isto supón un ‘mazazo’ para a comarca, xa que leva anos reclamando este ciclo”. É por iso que o coordinador lle recrimina ao Executivo autonómico que “digan unha cousa para apoiar ao sector rural e gañar votos”, pero que “á hora da verdade, sempre o abandonen’”.

Así mesmo, o coordinador fixo fincapé na indignación dos hostaleiros e da comunidade educativa local, dado que a implantación dun FP dual en hostalería no Instituto de Muxía, “beneficiaría tanto ao sector hostaleiro como ao sector educativo”. De feito, “un gran número de alumnos evitaría desprazarse a outras cidades para poder formarse”, matizou .

“A privación de novos servizos e dotacións na Costa da Morte é outra mostra do trato marxinal que dispensa a Xunta de Galicia á comarca”, denunciou Mouro, que posteriormente lamentou o seguinte: “A Xunta de Galicia está continuamente poñendo trabas ás demandas dos hostaleiros, un dos sectores máis castigados polas estritas restricións impostas polo executivo galego durante toda a pandemia”.

É por iso, que “a pesar de todas as dificultades ás que o sector se ve exposto, o compromiso de VOX é seguir apoiando aos hostaleiros e ao sector rural porque son unha peza crave para nosa provincia”. Por todo este asunto, desde VOX Muxía esíxese á Consellería de Educación a que “reconsidere a súa postura para ter ao sector hostaleiro en conta nos devanditos cursos”, sentenciou Mouro Costa.