Vox dá por rotas as relacións co PP


Vox esixe ao PP unha rectificación clara e rotunda á súa posición en Ceuta, que permitiu que a súa Asemblea declare persoa non grata a Santiago Abascal.

“O PP rompeu relacións con Vox e nós dámolas por rotas”, asegura o portavoz da formación, Jorge Buxadé, quen acusou o PP de participar nunha estratexia para satanizar o seu partido. Non apoiarán ningunha iniciativa dos populares mentres a súa dirección nacional non desautorice aos seus representantes na cidade autónoma.

Cabe lembrar que os presidente do PP en Madrid, Andalucia e Murcia deben o seu apoio a Vox, con quen tamén teñen que negociar os orzamentos.