Vox quedouse finalmente fóra da Mesa do Congreso, despois de que o PP optase por amarrar para si dúas Vicepresidencias e dúas Secretarías, sen ceder ningún destes postos á formación de Santigago Abascal, que lles reclamaba o mesmo que ocuparon na anterior lexislatura -unha Vicepresidencia- cando tiñan 52 deputados. Ante esta decisión, os deputados de Vox non votaron pola candidata ‘popular’, Cuca Gamarra, para a Presidencia do Congreso.
Nun comunicado, fontes de Vox explicaron que decidiron votar polo seu propio candidato, Ignacio García Lázaro, tras a chamada do PP deste xoves pola mañá na que lles confirmaron que non lles axudaría a conseguir un posto na Mesa do Congreso. Poida que Vox se dese conta que a súa política de pactos co PP en diferentes comunidades lle pode levar directamente ao seu fracaso e á súa desaparición como partido, tal e como lle ocorreu a Ciudadanos.