VOX demanda máis presenza policial en Malpica

1 minutes read

O coordinador de VOX Malpica, Javier Ferreiro, solicitará ao goberno local a adopción de medidas urxentes para acabar coa onda de actos vandálicos que segundo afirma disparáronse no municipio.

Para o coordinador local de VOX, “o último roubo acontecido nun coñecido bar da zona, así como a onda de picadas de rodas en vehículos, son unha mostra máis da situación de inseguridade que tanto preocupa aos veciños”.

Por este motivo, Vox Malpica presentará un escrito no Concello instando os responsables municipais a que cren unha dotación de Policía Local ‘en condicións’, a que se coordine con outras Forzas de Seguridade do Estado.

E é que, a xuízo de Javier Ferreiro, “a pasividade do goberno municipal de Malpica en materia de seguridade demóstrase co feito de que o Concello nin sequera conte efectivos suficiente, tendo en conta que as dotacións da Garda Civil asignadas á zona só teñen horario de mañá, polo que o resto do día Malpica queda sen vixilancia”.

Tras lamentar que acabar coa inseguridade que sofren os veciños de Malpica “non sexa unha prioridade para os responsables municipais”, o coordinador local asegura que “cando VOX forme parte da corporación municipal esixirá a adopción de medidas urxentes para reverter esta situación”.