VOX presentou, a través do Escano Cidadán, unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno municipal coruñés para que se pronuncie sobre o que definen como »a falta de previsión e o caos que están a xerar algunhas das obras que se están levando a cabo na cidade, como as da remodelación do cruzamento da avenida de Arteixo coa rolda de Nelle».
A coordinadora municipal de VOX A Coruña, Eva Castro, quen acudiu ao rexistro de María Pita, acompañada polo vicepresidente provincial, Juan Garcilaso de la Vega, considera “inexplicable que unha infraestrutura tan importante como o paso inferior da avenida de Arteixo, que afectaba a dúas das principais rúas da cidade, tivese que pecharse repentinamente”. Tamén, no seu escrito, cuestiona a solución que se adoptou para a remodelación do cruzamento da avenida de Arteixo coa rolda de Nelle, xa que “quizá fose máis económico a reparación do paso inferior existente, pero non hai información pública respecto diso”, matiza.
Por esa razón, os responsables coruñeses da formación instan o goberno local a explicar se dispón dalgún plan de conservación de obras na vía pública ou mantemento de viais municipais.