VOX denuncia á TVG na Xunta Electoral por ‘arbitrariedade’ e ‘abuso de poder’

2 minutes read

VOX presentou denuncia ante a Xunta Electoral pola súa exclusión por parte da CRTVG para participar no debate previsto o próximo día 5 de febreiro ao considerar que a decisión carece  de  fundamentación e evidencia unha “profunda arbitrariedade” e “abuso de poder”.

Segundo arguméntase a exposición de motivos, a exclusión de VOX vulnera o articulo 66 da LOREG e os artigos 20 e 23 da Constitución Española referentes ao pluralismo político e ao dereito de representación e participación en procesos electorais.    

A voceira de Vox no Congreso dos Deputados, Pepa Millán, sinalou este martes que o feito de que TVG deixase fóra ao seu partido do debate das eleccións galegas que se celebrarán o 18 de febreiro é “un intento de silenciar” a esta formación e de “abeiralo do debate”.

Así o indicou Millán en rolda de prensa na Cámara Baixa, tras ser preguntada polo feito de que a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) convidase a PP, BNG, PSOE, Sumar e Podemos ao seu debate electoral no marco dos comicios galegos e entre as que non se atopa Vox.

Millán asegurou que ao seu partido non lle “sorprende” e “enténdeo” porque Vox é o “único” que “está a poñer encima da mesa os problemas que padecen os galegos e que denuncia esa estrutura de poder mantida polo nacionalismo galego en colaboración co PSOE e tamén co PP para que todo siga igual”.

Estamos afeitos a ese tipo de desplantes, de ataques, pero por moito que se afanen non van impedir que Vox leve a súa mensaxe tamén aos galegos”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?