VOX denuncia o abandono dos portos de Malpica e Barizo por parte da Xunta

Jorge Buxadé con pescadores de Malpica_VOX Galicia

  • A formación levará as demandas dos pescadores a Bruxelas e ao Congreso

O vicepresidente primeiro de acción política e eurodeputado de VOX, Jorge Buxadé, visitou este sábado o porto de Malpica para facer un seguimento das demandas que xa recolleran dos pescadores en xullo de 2020. Buxadé denuncia denuncia que a Xunta «despilfarre en chiringuitos ideológicos en vez de proteger a los pescadores» e anunciou que VOX levará a situación ao Congreso e ás institucións europeas.

O eurodeputado sinala que o problema da pesca e das necesidades dos seus traballadores en España ten como culpable o «centralismo de los gobiernos autonómicos, que en Galicia se representa en los intentos de concentrar toda la actividad pesquera en uno o dos puertos, dejando abandonadas a centenares de familias que viven de su trabajo en puertos pequeños como Malpica y Barizo».

Neste último porto Buxadé reuniuse cunha decena de pescadores e membros do club náutico para coñecer de primeira man a súa situación, destacando a falta de mantemento e conservación que sofren as súas instalacións como a rampla de acceso para as embarcacións, que se atopa inutilizada, un guindastre que non cumpre a normativa actual ou a falta dunha báscula de pesada, motivo polo que teñen que desprazarse ata o porto de Malpica. VOX sinala que os socios «se han visto obligados a asumir la inversión en su rehabilitación por la inacción de la Junta» e que trasladará estas demandas a Bruxelas.

Ademais, Jorge Buxadé tamén se reuniu co Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Malpica, a quen xa visitou hai dous anos, para constatar que a administración autonómica «no ha tomado ninguna acción para garantizar la seguridad de los trabajadores en las entradas y salidas del puerto». O eurodeputado denunciou que as obras non están previstas nin planificadas e que a Xunta «no ha escuchado el proyecto alternativo que propone la cofradía, que pasa por alargar el dique». Unha problemática que tamén será levada ao Congreso.