VOX denuncia o peche do GES de Becerreá, que deixa sen servizo a máis de 13.000 persoas


A presidenta provincial de VOX Lugo, Sonia Teijeiro, critica a decisión do alcalde de Becerreá de prescindir do GES (Grupo de Emerxencia Supramunicipal), o que deixa a oito concellos da provincia sen servizos de emerxencias, prevención de incendios forestais, procura de persoas e outras prestacións que actualmente non cobren outras entidades.

Por iso, os coordinadores de VOX de varios municipios participaron na concentración convocada polos traballadores en protesta do peche do ente supramunicipal. “A decisión carece sentido común xa que, ademais de destruír postos de traballo, deixa sen servizo a 13.000 persoas. Moitas delas, en portos de alta montaña e outros lugares, algúns a 70 quilómetros da A-6, a principal vía de comunicación para acceder a hospitais ou servizos de emerxencia” incide Teijeiro.

A presidente de VOX Lugo denuncia que “un alcalde poida tomar semellante decisión, da que dependen as vidas e os bens de veciños de case unha decena de concellos da provincia”. Ademais, reproba a actitude da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, administracións que cofinancian o ente supramunicipal, pero que “non toman cartas no asunto, miran para outro lado e non defenden os intereses dos seus cidadáns todos os días do ano, non só cando hai eleccións”.

“Cando VOX forme parte das corporacións municipais de Lugo non permitirá que se permitan estes atropelos aos cidadáns e poderá velar polos seus intereses non só con palabras baleiras, senón con feitos”, asegura Sonia Teijeiro. “Defender a España rural, prestar servizos efectivos aos cidadáns e loitar contra a falta de oportunidades laborais son algúns dos obxectivos de VOX en Lugo contra os que atenta precisamente esta medida”, conclúe.