VOX denuncia os actos de vandalismo que se están producindo na provincia da Coruña e que afectan os seus carteis electorais.
Nas últimas horas produciuse un novo acto de vandalismo no municipio de Carballo onde apareceron carteis con desfeitas e con pintadas coa palabra ‘nazis’
O candidato á Alcaldía de VOX neste municipio, Manuel Gómez Eiroa, denunciou o ataque de “covardes” por parte de “gentuza” que ten unha forma moi peculiar de entender a democracia.
Ademais, Manuel Gómez Eiroa lamentou que, en plena campaña electoral, se produzan actos deste tipo “delituosos e antidemocráticos”, cuxos autores adoitan quedar impunes.
En calquera caso, o candidato de VOX á Alcaldía de Carballo advertiu aos “inimigos da democracia” que este tipo de sucesos “baixo ningún concepto” van amedrentarlles, porque “seguimos fortes sen medo a nada nin a ninguén”, resolveu.