O Comité Executivo Nacional de VOX ratificou a outros tres candidatos na provincia da Coruña.
O candidato á Alcaldía de VOX en Carballo é o empresario hostaleiro Manuel Gómez Eiroa, gran coñecedor do mundo do a hostalería tras presidir varias asociacións do do sector como a Asociación Gastronómica Costa da Morte, a Asociación de Hostalería de Bergantiños ou a Unión Hostaleira Galega.
Pola súa banda, Javier Ferreiro, candidato de VOX á Alcaldía de Malpica, desenvolve a súa actividade no sector da construción, sempre vinculado á madeira. Actualmente, é xerente dun negocio dedicado á reforma de vivendas.
Por último, o candidato de VOX á Alcaldía de Coristanco é José Manuel González Vázquez é Comandante de Artillería, vinculado ao mundo militar ata a súa xubilación.
É coñecido no municipio polo seu compromiso co mundo rural.
Con estes nomeamentos (Carballo, Malpica e Coristanco) VOX presentarase finalmente ás próximas eleccións municipais do 28 de maio en 13 municipios da Coruña.