VOX designa aos seus candidatos ás alcaldías de Oleiros e Ames

1 minutes read

O Comité Executivo Nacional de VOX, deu o visto e prace a dous novos candidatos na provincia da Coruña.
O candidato á alcaldía de VOX en Oleiros, Óscar Rodríguez Pino, casado e con dúas fillas, é avogado de profesión desde o ano 2005 e actualmente exerce na empresa técnico-xurídica Fares.
Desde hai máis de 20 anos colabora desinteresadamente con diferentes asociacións e fundacións en defensa da vida, a familia e a dignidade das persoas. Rodríguez Pino tamén é coordinador local de VOX nesta localidade desde o ano 2021.
Por outra banda, Andrés Pena Vites, coordinador local da formación de Ames, é creador dixital, e conta cunha ampla experiencia na xestión de plataformas dixitais.
Os candidatos á alcaldía súmanse aos xa anunciados candidatos á alcaldía na Coruña e Santiago de Compostela.

Andrés Pena Vites.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?