Vox fracasa na súa moción de censura contra Pedro Sánchez, a menos votada da historia da democracia

Pedro Sánchez_Congreso los Diputados

  • A moción só contou co apoio dos 52 deputados do partido de Santiago Abascal, moi lonxe 176 votos necesarios

A moción de censura contra o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, iniciada por Vox fracasou este xoves ao só contar co apoio dos 52 deputados do partido de Santiago Abascal. O líder de Vox precisaba maioría absoluta, 176 votos, para sacar a Sánchez da Moncloa, pero a moción fracasou, converténdose na menos votada das cinco que se rexistraron na historia da democracia en España. No congreso houbo 298 votos en contra, e mesmo os membros do Partido Popular se uniron contra Abascal, algo que ao líder de Vox non lle gustou, vendo o voto do popular Pablo Casado como un ataque persoal.

A votación foi pública e por chamamento pero, debido ás restricións sanitarias pola pandemia da Covid-19, só emitiron o seu voto a viva voz as persoas que nese momento se atopaban no hemiciclo. O resto dos deputados realizaron a votación vía telemática e o seu voto foi lido polo secretario da Mesa do Congreso.

Pedro Sánchez interveu para agradecer os votos de apoio e para deixar “meridianamente claro” que Vox “non ten nin a máis remota idea de que facer con España”.