Vox forzou ao Partido Popular a un acordo de lexislatura en Castela e León para un «goberno estable e sólido» e para a Mesa das Cortes Xerais. O líder de Vox na rexión, Juan García-Gallardo, será o vicepresidente dun Executivo no que o seu partido ostentará, ademais, tres consellerías fronte ás sete do PP. Vox, presidirá tamén as Cortes autonómicas.
«Celebramos hoxe un acordo sensato, sen gañadores nin perdedores», afirmou na súa conta de Twitter o líder de Vox na rexión, Juan García-Gallardo. «Fagamos entre todos, con vontade de diálogo e de acordo, unha lexislatura proveitosa para os cidadáns. Servir a Castela e León debe ser nosa forma de servir a España», concluíu.
O presidente en funcións, Alfonso Fernández Mañueco, anunciou que alcanzou un «acordo de lexislatura» con Vox que permite «un goberno estable e sólido con pleno respecto á orde constitucional e ao Estatuto de Autonomía de Castela e León».