VOX pide a gratuidade da AP-9, tras determinar a UE que as prórrogas da concesión foron ilegais

O Grupo Parlamentario de VOX reclama ao Goberno que declare a gratuidade da autoestrada do Atlántico (AP-9) unha vez que a Comisión Europea determinou que as prórrogas foron ilegais. A Comisión Europea instou ao Goberno nacional a cumprir as normas da UE en materia de contratación pública e contratos de concesión, aínda que non temos constancia de que o executivo contestase ao requirimento. Por este motivo, os deputados nacionais Patricia Rueda e José María Sánchez solicitaron por escrito ao goberno que achegue todos os informes e documentos en relación á incoación de procedemento de infracción contra España pola prórroga do contrato de concesión da Autoestrada da Atlántico AP-9.

Os parlamentarios piden que o Goberno explique as medidas que está a adoptar ante o incumprimento das súas obrigacións. O deputado de VOX e portavoz adxunto na Comisión mixta da UE, José María Sánchez, asegura que “ VOX está a traballar para que a AP-9 deixe de ser unha autoestrada de pago, xa que desde hai moito tempo debía ser gratuíta, tendo en conta da ilegalidade da prórroga da concesión”.

José María Sánchez indica que este procedemento vén dar a razón a VOX na súa oposición á transferencia da autoestrada AP-9 da Administración central á autonómica galega. “Unha vez extinguida a concesión, que sentido tería para Galicia facerse cargo da infraestrutura?”, pregúntase o portavoz adxunto da comisión mixta da Unión Europea. José María Sánchez considera que “pagar o custo do mantemento da autoestrada, que sen transferencia, seguiría abonando o Estado, supón un caro e sospeitoso capricho dos partidos políticos que apoian dita transferencia, que son todos excepto Vox”.

O grupo parlamentario de VOX iniciou unha serie de medidas parlamentarias por mor dunha proposta presentada por VOX A Coruña. O Enxeñeiro de camiños, canles e Portos do Estado e vicepresidente provincial da formación, Juan Garcilaso de la Vega, asegura que “a AP-9 é un desgraciado exemplo da nefasta xestión das infraestruturas que levaron a cabo os sucesivos gobernos de PP e PSOE que, con frecuencia, ignoraron os intereses e necesidades dos españois nesta materia”. “Sabiamos que as prórrogas da concesión eran inxustas. Agora ademais sabemos que son ilegais. Por iso desde VOX propoñemos que esta autoestrada, a máis importante de Galicia, quede liberada da peaxe e terminar así con este espolio”, sentenza De la Vega.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha