VOX presentará unha reclamación ante o Valedor do Pobo pola xestión da auga de Malpica


O coordinador de VOX Malpica, Javier Ferreiro, volveu a mostrar a súa preocupación pola situación da traída de auga de Malpica e pediu que o concello tome medidas concretas para solucionar un problema que afecta a miles de veciños do municipio.

E é que, desde este verán, están a producirse repetidos casos de contaminación da auga, o que imposibilita o seu uso para consumo humano e, “o máis grave, é que a día de hoxe, aínda se descoñecen as causas”, asegurou Ferreiro. Por todo iso, VOX Malpica volveu a pedir por rexistro os protocolos de actuación sobre o abastecemento da auga- o pasado mes de agosto xa fixo un primeiro requirimento por rexistro- e advertiu de que, en caso non obter unha reposta en dez días, presentarán unha queixa formal ante o Valedor do pobo- o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades dos galegos-
VOX leva meses reclamando información sobre os protocolos e solicitou que non se cobre aos veciños a parte proporcional do recibo da auga nos días no que a subministración non se proporciona de forma correcta. Finalmente, o coordinador local asegurou que “a falta de talante democrático do alcalde de Malpica pódese comprobar polo feito de que cualificase de ‘brinde ao sol’ a proposta de VOX. “Nin toma medidas, nin acepta propostas; e así nos vai”, concluíu Javier Ferreiro.