A formación política VOX confirmou que concorrerá ás próximas eleccións autonómicas galegas para promover un cambio de políticas na Xunta de Galicia, afirman, “secuestrada” desde hai anos por un Partido Popular “rendido” a políticas propias de gobernos de esquerdas e que deixou “orfos políticos” a miles de galegos.
Para o partido que lidera Santiago Abascal, Galicia necesita “máis que nunca” afrontar políticas que axuden a paliar os problemas reais dos cidadáns como a crise económica ou o crecente despoboamento que afecta sobre todo ao rural galego.
Desde VOX asegúrase que é necesaria unha resposta “clara e contundente” aos problemas que preocupan aos galegos e que require dunha boa xestión dos servizos públicos, acabar coas duplicidades de administracións, a defensa firme dos postos de traballo ou a soberanía enerxética, entre outras medidas.
Para iso, Galicia debe de deixar atrás as políticas feministas “estériles”, o crecente adoutrinamento nas aulas ou a imposición lingüística do galego en determinados ámbitos.
Fronte á intención doutras formacións políticas de “intoxicar á opinión pública”, VOX asegurou que estará presente nas próximas eleccións a galegas para cambiar o rumbo da comunidade, como xa está a facer nos executivos autonómicos nos que ten presenza.