- A formación sinala que as instalacións se atopan en moi mal estado
O eurodeputado de Vox, Jorge Buxadé, dirixiuse este mércores ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, para reclamar unha «actuación urgente» nos portos de Malpica e Barizo para dotalos de maior protección. Desde a formación aseguran que estas instalacións atópanse «muy deterioradas tras años de inacción de la Xunta a pesar de los cuantiosos fondos europeos disponibles para mejorar su seguridad».
A través dunha carta enviada desde Estrasburgo, Buxadé, que volveu visitar ámboos portos hai unha semana e media, lembra a Feijóo que Galicia é un dos principais beneficiarios do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da UE e, con todo, a situación é «insostenible».