A formación que lidera Santiago Abascal recorre, ante a Xunta Electoral Central, o plan de cobertura da campaña electoral para as eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio, e no que VOX concorre en 39 municipios de Galicia, para que se amplíe a cobertura a debates e entrevistas.
VOX é unha forza política significativa no panorama nacional, ao ser a terceira formación de España con representación no Congreso, o que non queda contemplado no plan de cobertura da corporación galega. E iso, considera VOX, «conculca o pluralismo político e social, así como a igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa na programación dun medio público».
A formación apoia os seus argumentos na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral, que, precisamente, protexe a igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa nun proceso electoral nun medio de comunicación de titularidade pública.