VOX solicita presenza policial para reparto de propaganda en Carballo

1 minutes read


Xoves de mercado en Carballo, os diferentes partidos políticos que concorren as eleccións xerais do vindeiro domingo apuran as últimas horas de campaña. Aproveitando a afluencia masiva de xente a puntos concretos, todos os partidos adoitan montar as súas casetas de repartición publicitaria para tratar de informar e convencer ao indeciso. Este xoves con alerta por temporal, había menos presenza política do habitual na rúa Coruña de Carballo, onde adoitan instalarse os toldos de cobertura dos diferentes partidos. Só o PSOE e VOX plantáronlle cara ao mal tempo e realizaron a súa estancia e repartición con normalidade. Segundo fontes consultadas VOX solicitaría á Delegación do Goberno presenza policial anticipada, aínda que a situación transcorreu en todo momento con normalidade.