O coordinador de VOX Malpica, Javier Ferreiro, criticou este luns como «nefasta xestión do Goberno Municipal» para solucionar o problema de abastecemento da auga potable no municipio, que afecta os veciños desde fai catro semanas. Así, Ferreiro mostrou a súa preocupación, “á vista da incapacidade do equipo de Goberno local para restablecer a subministración da rede municipal, que aínda afecta a un de cada tres veciños do Concello”.
Neste sentido, o coordinador de VOX Malpica criticou “o deixamento dos responsables municipais, que non se molestaron nin en responder o escrito presentado VOX”, no que se pedía información sobre o protocolo de actuación no servizo da auga en casos de emerxencia, para actuar coa máxima celeridade. No mesmo documento, a formación tamén propuxo a eliminación do pago no recibo da auga ou o desconto proporcional dos días que durase o corte de abastecemento.
“Petición que segue sen ser atendida”, salientou Ferreiro. Por esta razón, Ferreiro volveu a facer un chamamento aos responsables municipais para “que expliquen de forma detallada os problemas de subministración e potabilidade da auga en Malpica, as demoras en solucionalos e a negativa do Goberno Municipal para eximir aos veciños do pago dun servizo que non poden utilizar”, concluíu.