Walter Pardo impulsará a creación do Museo do Mar como punto da estimulación do turismo

1 minutes read

Os socialistas de Malpica impulsarán a creación do Museo do Mar como punto fundamental da estimulación do turismo local. “A nosa vila ten moita oferta neste ámbito, e xestionaremos ante a Xunta de Galicia a edificación dun espazo destas características; cremos que Malpica o merece”, apunta o líder dos socialistas, Walter Pardo, e candidato á alcaldía.

Cremos, ademais, que “impulsar unha ampla e estable oferta de actividades para todas as idades nos diferentes centros socioculturais da nosa vila é imprescindible para mantela viva os 365 días do ano”, sinala Pardo, quen afirma que “somos máis que un pobo para visitar no verán”.

Desestacionalizar o turismo será “unha prioridade para nós”, implícase Pardo, quen tamén engade como interesante “plantexar ciclos de cine e teatro para todas as idades e deixar de facer ocasionais as campañas de comercio” e facer perpetua a colaboración municipal co comercio local.

Para o centro da vila, os socialistas teñen pensado tamén optimizar a sinalización, localización e accesibilidade dos puntos de recollida de lixo e aumentar o persoal de limpeza, así como a xestión da ordenación do cableado eléctrico, que mellorará sin dúbida “a vida nos barrios”, remarca o candidato á alcaldía de Malpica, Walter Pardo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?