WhatsApp e Instagram sofren unha caída mundial de 45 minutos

PIXABAY

As aplicacións de WhatsApp e Instagram, así como outras plataformas pertencentes ao grupo Facebook, sufriron este venres 19 de marzo unha caída do seu servizo, como así reportaron miles de usuarios por diferentes vías de comunicación e o sitio web Downdetector. Segundo este portal, detectáronse máis de 60.000 informes de caída dos usuarios de WhatsApp entre as 18:00 e as 19:00 horas. Entre os problemas que alertaron, atópanse a imposibilidade de enviar nin recibir mensaxes, así como o erro ao tentar actualizar as publicacións. O servizo restableceuse pasadas as 19:15 horas. Segundo Downdetector, que informa de cortes en servizos dixitais baseándose en informes de usuarios, o apagamento chegou nun punto para afectar ao 90 % dos usuarios de Whatsapp en todo o mundo, incluída España.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha