WhatsApp pretende bloquear as contas dos menores de 16 anos

1 minutes read

A próxima actualización de Whatsapp impedirá que os menores de 16 anos usen esta aplicación. A empresa xa advertira o ano pasado da prohibición nas súas condicións de rexistro. Deste xeito adáptase ao regulamento europeo de protección de datos, que restrinxe o uso de redes sociais aos menores. Aínda non está claro como se aplicará esta medida pero todo apunta a que serán os usuarios os que alerten a Whatsapp a través de denuncias. Na actualización da ‘app’, WhatsApp prevé incluír a función de bloqueo a través da pegada dactilar, funcionalidade que xa está dispoñible desde o pasado mes de outubro para iOS e que agora está en versión beta para Android. A protección biométrica de WhatsApp estará dispoñible para os teléfonos que teñan sensor de pegada dactilar, e que utilicen unha versión Marshmallow ou máis moderna do sistema operativo.