WhatsApp traballa nun sistema de pago entre usuarios

WhatsApp leva moito tempo desenvolvendo un sistema de pagos entre usuarios, pero parece que xa queda moi pouco para que sexa realidade. Segundo publicou o blogue especializado WABetaInfo, están a facer os primeiros ensaios en India. Dito doutra forma, aínda queda moito para que en España ou outros países europeos podamos usar WhatsApp coma se fose Bizum, pois implementar unha característica deste tipo require de comunicación con autoridades e bancos locais. Pero en India, os pagos por WhatsApp están xa a piques de caramelo. O seu funcionamento parece simple: igual que se poden mandar imaxes desde o menú despregable de adxuntos de WhatsApp, será posible enviar diñeiro á persoa coa que teñamos aberta un chat. As particularidades do proceso non se coñecen aínda, pero na interface de WhatsApp da súa versión 2.21.17 para India xa aparece a icona correspondente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha