Wineswards | A venda de viños online solidaria coa hostalería

1 minutes read
  • O cliente fai un pedido nesta web.
  • Ao realizar un pedido o cliente indicará no proceso de pago a que tenda ou restaurante lle gustaría que fosen os beneficios da venda.
  • Procesan, envían e cobran o pedido abonando ao establecemento elixido polo comprador o importe do beneficio neto derivado da compra.

Wineswards é un novo concepto de venda online de viños en tempos de crise, ademais cunha clara idea de apoio, por designación directa, á contorna da hostalería.

O seu principal obxectivo é servir de fío de unión entre o sector de pequenas adegas e produtores galegos co cliente final, para facilitar a distribución e o consumo no fogar e colaborar co canle HORECA e tendas especializadas para minimizar o impacto económico negativo da situación na que nos atopamos debido ao coronavirus.

Por tanto, mentres duren os efectos do Coronavirus neste 2020 e siga afectando de maneira tan demoledora ao sector, Wineswards destinará o beneficio neto das vendas na súa páxina EN LIÑA ao establecemento hostaleiro, tenda especialista ou pequeno comercio que o comprador elixa ao facer o seu pedido.

Wineswards especialízase en viños galegos de pequeno produtor e está especialmente sensibilizada en colaborar con eles para chegar ao público xeneralista e conseguir sortear os efectos desta crise, aínda que tamén ten na súa páxina viños de moitas zonas de España e do Mundo.

Desde Galicia para o mundo

Wineswards ofrece ás persoas interesadas en adquirir os viños e colaborar co sector un moderno sistema de venda directa a través do portal web https://www.wineswards.com/